martes, 26 de xullo de 2016

O MERCADO LABORAL

O MERCADO LABORAL

 A situación e evolución que segue o mercado laboral de calquer economía e o resultado de dúas variables: 
Oferta de traballo esta determinada por catro factores: demográficos, sociais e culturais, fluxos de entrada e saída de emprego e fluxos de entrada e saída de poboación activa.
A demanda de traballo representa a cantidade de traballadores que as empresas ou empregadores están dispostos a contratar.
 O  equilibrio no mercado de traballo ven determinado polo punto de cruce das dúas curvas (a da oferta e a demanda).


Causas do paro

 As razóns para comprender as causas do desemprego atópanse en dúas teorías diferentes: 
 -Teoría clásica que atopa a explicación no propio funcionamento do mercado de traballo e a rixidez dos salarios á baixa son a causa do paro.
 -Teoría de corte keymesiano, para a que a explicación se atopa na falta de demanda agregada.

 Indicadores do mercado de traballo, seguindo as definicións da Enquisa de Poboación Activa (EPA)
Activos persoas de máis de 16 anos ,que formalicen man de obra para a producción de bens e servizos ou están dispoñibles e en condicións de incorporarse á devandita producción. Se subdividen en:
Ocupados: son persoas de máis de 16 anos  que durante a semana estiveron traballando durante polo menos unha hora a cambio dunha retribución ou que tendo traballo estiveron temporalmente ausentes por enfermidade, vacacións, etc.
Ocupados por conta propia ou asalariados, atendendo a xornada de traballo poden clasificarse en tempo completo (+ 30 horas semanais) ou a tempo parcial (-35 horas semanais).
Parados son as persoas de +16 anos que durante a semana de referencia estiveron sen traballo, dispoñibles para traballar e buscado activamente emprego.
Inactivos reciben esta consideración a poboación de 16 ou máis anos non incluída nas categorías anteriores.

 Taxas segundo a EPA

-Taxa de Actividade: É o cociente entre poboación activa e poboación en idade legal de traballar.
-Taxa de Paro: É o cociente entre a poboación parada e a poboación activa.
-Taxa de Emprego: É o cociente entre poboación ocupada e poboación idade legal de traballar.

Para mellorar o mercado laboral débese procurar elevar a taxa de emprego, sendo o ideal facelo reducindo a taxa de paro e aumentando a taxa de actividade.

Tipos de paro:

Estructural é tecnicamente o desaxuste entre a oferta e demanda de traballadores.

Friccional aparece a peser que o número de postos coincida co número de persoas con disposición de traballar, e dicir, que a oferta sexa igual a demanda.

Cíclíco este tipo de desemprego ocurre cando o mesmo é causado só por un ciclo, é o tipo máis nocivo de desemprego.

Estacional varia coas estacións do ano en consecuencia da oferta e a demanda de emprego.

 O MERCADO LABORAL ACTUAL

Nunha sociedade marcada polos cambios demográficos, nas expectativas de calidade de vida, no traballo e na xestión do tempo e a súa relación co medio ambente, os expertos da Comisión Europea identifican 19 ámbitos de actividade que agrupamos en catro:

-Servizos a vida cotiá
-Servizos a mellora da calidade de vida
-Servizos de lecer
-Servizos medio ambientais.

 As ocupacións é importante coñecer a Clasificación Nacional das Ocupacións 2011, do Real Decreto 1591/2010, este sistema de codificación ten por obxectivo o tratamento sobre ocupacións de maneira uniforme a efectos estatísticos.

Traballos conta allea:

1.Emprego público requisitos:
  Nacionalidade
  Idade
  Titulación necesaria
  Capacidade
  Habilitación
Sistemas de acceso para as Administración Públicas
Acceso a persoas con discapacidade 
Acceso a promoción interna.

Tipos de empregados públicos:
-Funcionario de carreira, grupos A, B e C.
-Persoal funcionario interino
-Personal laboral
-Persoal eventual

2.Empresa privada

Según en tamaño: Microempresa, pequeña empresa e mediana empresa.
Segundo a actividade: Sector primario ganadería e pesca, Sector secundario ou industrial e Sector terciario ou de servizos.
Segundo o ámbito de actividade da empresa clasifícanse en: locais, provinciais, rexionais, nacionais e multinacionais.
Segundo quen teña a propiedade: privada, pública e mixta.

Segundo a forma xurídica: 
Persoas fisicas: empresario individual, comunidade de bens, sociedade civil, emprendedor de responsabilidade limitada.
Persoas xurídicas: Sociedade Colectiva, Sociedade comanditaria simple e Sociedades de Capital ( Sociedad de respnsabilidade limitada, Sociedade limitada nova empresa, Sociedad anónima e Sociedade comanditaria por accións.

Traballo  por conta propia ou autónomo
Para traballar os pasos e trámites burocráticos:
 -Inscrición ou alta na Seguridade Social
 -Alta no Imposto de Actividades Económicas
 -No caso de que o traballador autonómo apertura dun local.
 -No caso de que o traballador autónomo dea de alta a traballadores asalariados.

Axudas e subvencións 
 -Subvencións a fondo perdido
 -Pago único ou capitalización da prestación por desemprego
 -Financiamento bonificado
 -Axudas sectoriais
 -Axudas o emprendemento rural
 -Axudas a economía social
 -Incentivos Rexionais
 -Bonificacións na cotización de autonómos.
-Bonificacións a contratación de traballadores
 -Axudas a contratación

ELEMENTOS PARA CREACIÓN DUNHA EMPRESA

1. Motivos
Ter madeira de emprendedor 
 Detectar unha oportunidade  tratar de autoempregarse 
Aumentar os ingresos/estatus social 
Permanecer no lugar de residencia o Independizarse 
Traballar con amigos ou familiares. 
Coñecer a razón permitirá definir o fin e a misión

2. Idea
O fin  explica a razón interna, persoal ou para a propia empresa, que motiva o proxecto.  Cohesiona aos membros. 
A misión describe a razón perante a sociedade, o seu obxectivo para a comunidade.  Orienta as decisións.

3. Plan de empresa
É un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio. Documento co que a persoa emprendedora lle da forma á idea, reflexiona e plasma as cuestións máis significativas da nova empresa, examina a súa viabilidade técnica, económica e financeira, e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a oportunidade de negocio nun proxecto empresarial que se materialice na creación dunha nova empresa.

 Contido dun Plan de Empresa
1. Introdución. 
2. Estudo de mercado. 
3. Plan comercial. 
4. Plan de organización e recursos humanos.
5. Aspectos legais. 
6. Estudo económico - financeiro. 
7. Conclusións: viabilidade. 
8. Resumo executivo. 
9. Anexos 

 Modelo Canvas

O modelo CANVAS é a ferramenta cualitativa proposta por Alexander Osterwalder para confeccionar deseños empresariais (modelos de negocio). O modelo Canvas permite, a partir da idea, confeccionar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.

CAM00287.jpg
 Un exemplo do modelo:

 SISTEMA NACIONAL DE EMPREGO

 O Sistema Nacional de Emprego busca promover e desenvolver políticas de emprego,  está formado polo SEPE e os distintos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas (CC.AA). Ademais ten dous órganos Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais e o Consello Xeral do Sistema Nacional de Emprego.

O SEPE é un organismo autónomo adscrito, actualmente, o Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Constitúese e defínese como tal a partir da Lei de Empleo (Lei 56/2003, de 16 de diciembre)
Ademais é competente para xestionar as prestacións por desemprego así como para desenvolver, ordenar e facer o seguimiento dos programas e medidas das políticas de emprego e coordinar a rede territorial. A estratexia debe ser coherente para garantir o principio de unidade de acceso e atención ás persoas usuarias de todo o territorio e flexible como para permitir a súa adecuación as características dos mercados de cada Comunidade Autónoma, e dicir, igualdade de acceso, a cohesión social e a complementariedade entre a unidade de mercado e a diversidade territorial. 

Un elemento importante do SEPE e a súa Carta de Servicios que nos da coñecer o servizo, obxectivos, organización, estructura, competencias e destinatarios dos servizos. 

Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) é a estrutura pública dependente da Xunta de Galicia que une dun modo integral e coordinado a todas aquelas unidades da administración autonómica que prestan servizos ou exercen funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego, competencia transferida dende o Real Decreto 1375/1997 dentro do marco territorial da nosa comunidade autónoma (Lei Orgánica 1/1981).

Dun modo simplificado, enténdese por Políticas Activas de Emprego o conxunto de actuacións desenvolvidas pola Xunta de Galicia nos ámbitos da orientación laboral, da mellora da capacitación das persoas demandantes e traballadoras proporcionándolles formación e experiencia profesional, e da intermediación entre ofertas e demandas; e todo iso para mellorar as posibilidades de acceder ao emprego por parte das persoas desempregadas, ou adaptar e actualizar os coñecementos e habilidades das persoas traballadoras que desexen mellorar o seu emprego.

Os obxetivos que definen as accións de orientación profesional:
- Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional.
- Revisar e actualizar o curriculum vitae de cada demandante.
- Optimizar a oferta formativa.
- Compatibiliza a demanda da persoa coa oferta existente
- Ofrecer un sistema información que permita  a pesoa usuaria coñecer o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

As directrices de emprego da Unión Europea, Plan Nacional de Acción para o Emprego e  os Acordos sobre medidas para o crecemento de traballo en Galicia, céntranse en mellorar a capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas.

 A Xunta de Galicia, a través da Consellería Traballo  pon en marcha un sistema de orientación laboral basado na información, orientación e procura activa de emprego, para mellorar a ocupación das persoas desempregadas.

 Ademais da rede das Oficinas de Emprego, existe unha rede de persoal orientador en entidades colaboradoras, seleccionadas a través dunha Orde de convocatoria anual.

 En primeiro lugar ten unha entrevista en profundidade para coñecer o seu perfil profesional- ocupacional. Despois existe a posibilidade de elaborar un Itinerario Personalizado de Inserción (IPI) marcando unhas directrices de traballo (formación, ferramentas de busca de emprego, etc,.)
O acceso o Servizo Orientación é a través da Oficina de Emprego na que esta inscrito o demandante ou do seu centro titor. Tamén pode solicitar a cita directamente na oficina virtual de emprego.


A orientación para a igualdade e a inclusión social
A orientación laboral é un conxunto de iniciativas integradas de información, asesoramento e titorización profesional para promover a empleabilidade e ocupabilidade nun contexto económico e comunitario global, así como facilitar a formación permanente dos traballadores e a inclusión social (definición Margot Valcarce).

Tendo en conta esta definición a orientación e un proceso necesario o longo da vida e temos que ter en conta a área persoal, académica, profesional,familiar e social. A hora da intervención temos que ter en conta no patrón as seguintes áreas; facer un diagnóstico de empleabilidad ,proxectar un plan de intervención / concretar nun itinerario, realizar o acompañamento titorizado e preparar o demandante.
A inclusión social  se traballar cos colectivos vulnerables,  e dicir, que teñen menor nivel de empleabilidad. Existen tres niveis de vulnerabilidade segundo Caste,l na zoa 1 de  integración, seguridade ou inseguridade, zoa 2 vulnerabilidade precariedade ou inestabilidade e a zoa 3 de exclusión social.

 Patrón da orientación para traballar con persoas en situación de vulnerabilidade:
-Reconocer os factores  que determinan a  situación
-Intervir e mediar xustando a persoa preceso de inserción.
-Proporcionar ferramentas de busca activa de emprego de forma autónoma.
-Traballar a activación e a motivación.
-Desenvolver o empoderamento.
-Proporcionar o acompañamento no acceso a dispositivos e recursos comunitarios que faciliten o manexo do mercado laboral.

 Políticas de Emprego en España
 A política de emprego esta é un conxunto de actuacións que toma os poderes públicos co obxectivo de mellorar o mercado laboral.

Seguindo  Real Decreto-Lei 3/2011, de medidas urxentes para a mellora da empregablilidade e a reforma das políticas activas de emprego, enténdese por políticas activas de emprego: 
“O conxunto de accións e medidas de orientación, emprego e formación para mellorar as posibilidades de acceso o emprego, por conta allea ou propia, ao mantemento do emprego e á promoción profesional das persoas ocupadas e o fomento do espírito empresarial e da economía social”.

 Cando falamos de políticas de emprego temos que diferenciar:

 -Políticas activas mellorar as posibilidades de acceso o mercado laboral.        
No Real Decreto-Lei 3/2011 aparecen: novos instrumentos para a coordinación SNE  
1.Estratexia Española de Emprego, plurianual, con orientacións, accións e obxectivos.
2. Plan Anual de Emprego, con obxectivos a nivel Nacional e Autonómico.
3.Fomento da cultura emprendedora e do espíritu empresarial
4.Reforzo da dimensión local nas Políticas Acticvas de Emprego.
 Novedades:
1.Catálogo de servizos a cidadanía común a todos os SPE.
2.Modelo de atención personalizada dírixido a persoas desempregadas.
3.Fondo de políticas de emprego.

 -Políticas pasivas teñen como obxectivo  o mantemento de rentas de quen non ten un emprego cando tería a idoneidade, sobre todo en termos de idade, para desenvolverse activamente no mercado de traballo. 
Características das prestacións:
 -Prestacións contributivas
 -Prestacións asistenciais

 Plan Anual de Política de Emprego ( PAPE)

Os obxectivos prioritarios do Plan Anual de Política de Empleo 2015 (Real Decreto Legislativo 3/2015)
Os servizos (accións) e programas (medidas) do Plan 2015 que se desenvolven polos Servizos Públicos de Emprego drixense o cumprimento de cinco obxetivos estratéxicos seguintes:

-Mellorar a empleabilidade dos xoves e desenvolver o Plan de Implementación da Garantía Xuvenil en España.
-Favorecer a empleabilidade doutros colectivos especialmente afectados polo desemprego, en particular maiores de 45 anos que sexan desempregados de longa duración e beneficiarios do PREPARA.
-Mellorar a calidade da formación profesional para o emprego que se traduce no seu maior impacto en termos de inserción e de mellora no rendemento no posto de traballo.
-Reforzar a vinculación das políticas activas e pasivas de emprego, como forma de ofrecer unha mellor protección e vías do retorno o emprego para as persoas en situación de desemprego.
-Impulsar o emprendemento como parte inseparable da activación e recuperación do emprego.   

Políticas de Emprego en Europa

Orixe e evolución
➤Tratado de Amsterdan
 -A política social e de emprego f
 -Provoca un xiro á concepción europea dos dereitos dos traballadores.
➤Tratado de Lisboa
 -Nace da Cume de Luxemburgo sobre o emprego 1997
  Principal obxectivo reducir o desemprego en Europa no prazo de 5 anos.
  Finalidade considerar as políticas de emprego dos Estados membros.
  Fase:  1.Período inicial 1997-2005
  2.A estratexia de Listoa renovada polo crecemento e o emprego  2005.
  3.O programa Comunitario de Lisboa 2008-2010
  4.Post Lisboa 2010-2020

Debido o alto índice de desemprego en Europa en 2012, a Comisión Europea pon en marcha unha serie de medidas para impulsar o emprego. 

Obxectivos: 
 Apoiar a creación de postos de traballo 
 Restablecer a dinámica dos mercados laborais
 Consolidar a gobernanza das políticas de emprego

A Estratexia Europea de Emprego 2020 proporciona un marco que permite os países da Unión Europea compartir información e debater e coordinar as súas políticas de emprego.
Os gobernos dos paises membros, a través do Comité de Emprego e as institucións europeas elaboran o denominado paquete de medidasde emprego, formado por:

-Directrices de emprego
-Programa Nacionais de Reforma
-Informe Conxunto sobre o Emprego
-Recomendacións específicas para cada país
-Evolución Social e de Emprego en Europa.
 En paralelo a este procedemento ten lugar un diálogo entre a Comisión, os gobernos nacionais, os sindicatos, a patronal e demais institucións europeas.
 Ámbitos de desenvolvemento das políticas activas de emprego
A Unión Europea ten unha competencia complementaria á dos Estados membros en materia de emprego co obxectivo de elaborar unha estratexia común na materia.
Tendo en conta:
-O elemento clave da estratexia común son as diretcrices ós Estados Membros.
-Os Estados Membros reciben estas directrices a proposto da Comisión.
-As directrices propostas son sacadas das conclusións enviadas á Comisión por parte do Consello Europeo,
-Estas directrices inflúen nas políticas de emprego de cada Estado.
-Cada ano os Estados elaboran un informe para o Consello en materia de emprego.
-O informe é valorado polo Consello, e se o ve preciso poder remitir unha recomendación ó Estado membro.

Prioridades da Estratexia 2020

A UE fai un gran esforzo para deixar atrás a crisis e crear as condicións propicias para unha economía máis competitiva que cree emprego.

A estratexia Europea 2020 trata de lograr un crecemento intelixente, a través de invresións máis a fins en educación, investigación e innovación,crecemento sostible, grazas o impulso decidido a unha economía baixa en carbono, e crecemento integrador, que poña o acento na creación de emprego e a reducción da pobreza.

Obxectivos da Estratexia 2020

Emprego para o 75% das persoas de 20 a 64 anos
I+D inversión do 3% PIB da UE 
Cambio climático e sostenibilidade enerética, redución de gasese efecto invernadero un 20%, 20% en enerxias renovables e aumento dun 20% de eficiencia enerxética.
Educación que as tasas de abandono escolar prematuro por debaixo 10%, que al menos un 40% das persoas deberán completar estudios de nivel superior.
Luchar contra a pobreza e a exclusión social, reducir al menos en 20 millóns.

Financiamento

Na EU para poder realizar esta competencia en materia de emprego ten que determinar unha Estratexia Común entre os Estados, para o cal teñan un conxunto de instrumentos financieiros que son os Fondos:

 -Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
-Fondo Social Europeo (FSE) este destina as axudas a:
-A formación profesional, orientación, asesoramento e perfeccionamento
 -Axudas ao emprego e o autoemprego. Axuda á formación de investigadores.
 -Desenvolvemento de vínculos entre as empresas e centros de formación e investigación.
 -Desenvolvementos de sistemas que anticipen os cambios no emprego e as cualificacións.
 -Fondo Europeo de Adaptación á Globalización
-Fondo de Ayuda Europea para os máis Necesitados (FEAD)
-Programa Europeo de Emprego e Innovación (EaSI)
-Programa Progress

 A mobilidade de traballadores 
Unha das catro libertades que gozan os cidadáns da Unión Europea é a libre circulación dos traballadores, que inclúe o dereito de desprazamento e residencia do traballador, o dereito a entrada e residencia dos membros da familia e o dereito a traballar noutro Estado membro.

A rede Eures proporciona servizos de información,asesoramento e contratación/colocación os traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio de libre circulación.

Eures é moito máis que o portal de mobilidade profesional, conta cunha rede humana de 850 conselleiros Eures e toda Europa.


A ESTRUCTURA DA FORMACIÓN PROFESIONAL E DOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Formación Profesional Básica
Requisitos de acceso:
 -Ter entre 15 anos e 17 anos cumplidos no momento do acceso ou durante o ano natural en curso.
 -Ter cursado  3º de ESO, ou excepcionalmente ter  cursado 2º ESO
 -A proposta do equipo docente.

Ó finalizar os estudos obterás:
 -Título Profesional Básico da familia profesional correspondente; que se corresponde con niveis 1 de cualificación.
 -Da acceso directo aos ciclos  medios
 -Non dará dereito ó título da ESO deberán presentarse á reválida.

 Dentro da Formación Profesional  temos distintos réximes de estudo:
  -Réxime ordinario: presencial e curso completo
 -Réxime persoas adultas: Parcial por módulos formativos
 -Modalidade: Presencial ou distancia.
 -Formación profesional dual

 A Lei 30/2015 que regula o Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral. 

 Obxectivos estratéxicos:
 -Definición dun novo papel para os distintos axentes e órganos concernidos no goberno do sisitema.
-Libre concorrencia entre entidades de formación.
-Creación dunha conta de formación: rexistro de toda a formación recibida por unha persoa ó longo da súa carreira profesional, enmarcada no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
-Creación dun cheque de formación para os traballadores desempregados.
-Creación dunha unidade especial de Inspección do traballlo con capacidade de sanción.
-Impulso do Sistema Nacional das Cualificacións e FP.
-Creación dunha fundación estatal para a formación para o emprego.
 Oferta programada polas empresas:
-Accións formativas
-Permisos retribuidos
 Oferta programda pola administración
-Traballadores ocupados
-Traballadores desempregados
-Accións formativas con compromiso de contratación
-Formación con alternancia co emprego
-Programas específicos para persoas con NNEE.
-Formación de persoas con privación de libertade, militares de tropa e marinería en relación temporal coas forzas armadas.

Certificados de profesionalidade
- Sistema Nacional das Cualificacions e Formación Profesional
- Instituto Galego das Cualificacións 
-Competencias Clave   
-Recoñecemento da experiencia profesional




19504591_s (1).jpg

 REFLEXIÓN FINAL

Toda este esquema aporta un epaso o mercado laboral, e ademais dunha ferramenta de uso para a orientación laboral co  enlaces a Servizos Públicos, Programas Europeos, Emprendemento, Rede Eures, Instituto das Cualificacións, Competencias Clave, Formación Profesional.

Para saber máis:

Carta de servizos do SEPE

Ningún comentario:

Publicar un comentario