venres, 8 de xullo de 2016

A nube de intereses de Brais

Ola a todas e todos, son Brais, Graduado Social, diplomado pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente orientei a miña formación ás cooperativas, a través dunha convenio para a formación de xestores especializados en proxectos cooperativos de colaboración entre USC, asociacións de cooperativas e Xunta de Galicia. Actualmente son asesor de empresas e autónomos, especializado no asesoramento xurídico, fiscal, laboral e social de cooperativas e no acompañamento de grupos promotores de proxectos emprendedores. Así mesmo son formador en cooperativismo e xestión das mesmas.

Nube de intereses de Brais

Espero que este curso me aporte novos coñecementos na área de orientación laboral que complementen os meus coñecementos na no asesoramento a emprendedores, así como distintas formas de plantexar o asesoramento a grupos de emprendemento. En definitiva creo que o emprendemento e a orientación laboral son dúas áreas estreitamente relacionadas e que deben complementarse unha coa outra para acadar unha maior efectividade.

Saúdos!

Contacta conmigo a través do meu perfil en Twitter

Ningún comentario:

Publicar un comentario